SUBVENCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL
16/Outubro/2026
O Concello de Alfoz recibiu unha subvención de 16.902,64 € da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Esta axuda destínase á contratación dunha persoa para desenvolver o proxecto de Animación Sociocultural e Turística, cunha duración de nove meses, a xornada completa, desde o 16 de outubro de 2026.
A actuación enmárcase no Programa de Garantía Xuvenil, que ten como finalidade facilitar a adquisición de experiencia profesional e favorecer a inserción laboral da mocidade.
Subvención concedida ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 (procedemento TR350E).