PRIMEIRA CITA CO TEATRO ESTE NOVEMBRO EN ALFOZ!
26/Outubro/2026
Comeza a programación do mes do teatro en Alfoz coa representación de Paixón de Bulevares, unha comedia a cargo de Quemaistén Teatro, de As Pontes.
Unha proposta para desfrutar dunha tarde de teatro, risas e entretemento para toda a familia.
Sábado, 7 de novembro
20:00 horas
Casa da Cultura de Alfoz
Entrada de balde | Todos os públicos
Non perdas a primeira das catro citas teatrais que teremos durante o mes de novembro!