Concello de Alfoz
AVISO / CORTE PROGRAMADO DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA NA ZONA DA SEARA

AVISO / CORTE PROGRAMADO DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA NA ZONA DA SEARA

04/Novembro/2026
A empresa distribuidora Begasa informa de que o vindeiro sábado, 7 de novembro, realizará traballos de mantemento na rede eléctrica que provocarán unha interrupción temporal da subministración na zona da Seara (Alfoz).

Sábado, 7 de novembro 
De 8:30 a 12:30 horas
Zonas afectadas: casco urbano da Seara e áreas abastecidas polos seguintes transformadores:

- Seara (12971)
- Vivendas Sociais (9647)
- Granda (3736)
- San Pedro (10435)

Importante: a subministración poderá restablecerse antes da hora prevista e sen aviso previo, polo que se recomenda considerar as instalacións eléctricas sempre en tensión.

Pregamos á veciñanza afectada que teña en conta este aviso e desculpe as molestias que poidan ocasionar os traballos.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO