A CREATIVIDADE E ILUSIÓN DO NADAL VOLVEN A ALFOZ!
05/Novembro/2026
Chega o XXIV Concurso de Postais de Nadal 2026, no que poderán participar os nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro, deixando voar a súa imaxinación para crear as súas propias felicitacións de Nadal. ??
O concurso contará con tres categorías:
- Educación Infantil
- 1º, 2º e 3º de Primaria
- 4º, 5º e 6º de Primaria
Prazo de presentación: ata o 3 de decembro.
Lugar de entrega: no propio centro educativo.
Unha oportunidade para expresar a maxia destas datas a través dos debuxos, as cores e a creatividade dos máis pequenos.
Consulta as bases do concurso e descarga a folla de inscrición na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/drive/folders/1xO4LP7jRPXI0e-AuDittXPqB-2hdQW8c
Animamos a todo o alumnado a participar!