Concello de Alfoz
O ENDURO ALFOZ - VALADOURO REGRESA UN ANO MÁIS!

O ENDURO ALFOZ - VALADOURO REGRESA UN ANO MÁIS!

05/Novembro/2026
O próximo 15 de novembro, Alfoz e O Valadouro volverán acoller unha nova edición do Enduro Alfoz–Valadouro, unha cita coa competición e o motociclismo que reunirá a pilotos e afeccionados ás dúas rodas. 

Unha xornada de motor na que a habilidade, a resistencia e a destreza dos participantes serán protagonistas nun percorrido polos dous concellos.

Domingo, 15 de novembro
Alfoz e O Valadouro
Enduro Trofeo Café Candelas
Liga da Moto

Inscricións abertas!
Toda a información e inscricións en:
www.ligadamoto.com

Esta cita deportiva está organizada polos Concellos de Alfoz e O Valadouro, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Agardámosvos para desfrutar dunha xornada de deporte, emoción e paixón polo motor na nosa comarca!

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO