Concello de Alfoz
ALFOZ CONMEMORA O 25N CON ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN E REFLEXIÓN

ALFOZ CONMEMORA O 25N CON ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN E REFLEXIÓN

10/Novembro/2026
Baixo o lema «Por todas, con todos. Nin invisibles, nin silenciadas»,  desenvolveranse diferentes iniciativas con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Actividades previstas:

- Iluminación de violeta da Casa do Concello como símbolo de sensibilización contra a violencia de xénero.

- Entrega de toallas deportivas conmemorativas do 25N no ámbito educativo e deportivo.

- 25 de novembro: charla de sensibilización e prevención da violencia sexual para o alumnado do IES.

- 28 de novembro, ás 18:00 h: charla-coloquio coa autora Iria Collazo sobre A muller de mentira.

Estas actividades buscan fomentar a reflexión, a igualdade e a prevención da violencia contra as mulleres desde diferentes ámbitos da sociedade.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO