PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL 2026
18/Novembro/2026
A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Xuntos polo Nadal, unha iniciativa dirixida a persoas maiores que viven soas e que desexan pasar estas datas en compañía.
O programa ofrece estadías gratuítas con pensión completa en residencias de tempo libre, con diferentes quendas durante as festas de Nadal.
Quen pode participar?
Persoas de 60 anos ou máis, empadroadas en Galicia, que vivan soas e cumpran os requisitos establecidos.
Destinos:
- Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense): para persoas das provincias da Coruña e Ourense.
- Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra): para persoas das provincias de Lugo e Pontevedra.
Quendas dispoñibles:
- Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro (16 días).
- Do 23 ao 30 de decembro (8 días).
- Do 31 de decembro ao 7 de xaneiro (8 días).
Prazo de solicitudes: do 16 ao 30 de novembro de 2026, ambos incluídos.
Información e solicitudes: Oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Alfoz.
Teléfono de contacto: 982 238 920
Consulta os requisitos e a documentación necesaria no bando informativo.
Unha oportunidade para compartir estas datas, desfrutar da compañía doutras persoas e vivir o Nadal dun xeito diferente.