Concello de Alfoz
AXUDAS AO TRANSPORTE PARA ESTUDANTES

AXUDAS AO TRANSPORTE PARA ESTUDANTES

18/Novembro/2026

O Concello de Alfoz informa de que o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o 18 de novembro de 2026 a convocatoria de axudas económicas individuais destinadas a sufragar gastos de transporte do alumnado do municipio durante o curso académico 2026/2027.

Estas axudas están dirixidas a estudantes que cursen fóra do termo municipal, en centros educativos sostidos con fondos públicos e dentro da comarca da Mariña, estudos de Bacharelato, Formación Profesional Básica, ciclos de grao medio e superior, Formación Profesional dual e determinadas modalidades presenciais de formación para persoas adultas.

A convocatoria tamén contempla a asistencia de persoas con diversidade funcional a centros de formación ocupacional da Mariña.

Prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP do 17 de novembro de 2026.

A convocatoria conta cun crédito orzamentario de 2.000 euros.

Consulta da convocatoria

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Alfoz.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO