Concello de Alfoz
"A MULLER DE MENTIRA": UN ENCONTRO PARA REFLEXIONAR SOBRE A IDENTIDADE FEMININA

"A MULLER DE MENTIRA": UN ENCONTRO PARA REFLEXIONAR SOBRE A IDENTIDADE FEMININA

23/Novembro/2026
Dentro da programación do 25N en Alfoz, a escritora Iria Collazo participará nunha charla-coloquio arredor do seu libro A muller de mentira, obra galardoada co Premio García Barros 2026.

Un encontro para conversar e reflexionar sobre a identidade feminina, as relacións afectivas e a invisibilidade das mulleres, tomando a literatura como punto de partida.

Sábado, 28 de novembro
18:00 horas
Casa da Cultura de Alfoz

Unha oportunidade para compartir reflexións, escoitar diferentes perspectivas e dar voz a cuestións que nos afectan como sociedade.

Agardámosvos!

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO