O vindeiro venres 4 de decembro, a Casa da Cultura de Alfoz acollerá a presentación de Strangelets, unha obra do autor Pepe Peinó, publicada por Cuadranta Editorial.
O escritor Lionel Rexes será o encargado de presentar ao autor nun encontro no que as persoas asistentes poderán coñecer máis sobre o libro e levar o seu exemplar asinado.
Venres, 4 de decembro
20:00 horas
Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, en San Pedro de Mor.
Entrada libre
Unha cita coa literatura á que vos convidamos a asistir!