XORNADA LECER CONSUMO
10/Agosto/2015
O pasado venres, os nenos de Alfoz que participan nos Campamentos de verán, puideron gozar un ano máis da actividade organizada polo Concello de Alfoz en colaboración co Instituto Galego de Consumo "Lecer Consumo".
Nesta ocasión, e coa intención de achegar á poboación mais miúda os valores do consumo responsable, organizáronse actividades participativas e lúdicas en torno a dúas temáticas. Unha delas foi “Un lecer máxico”, onde os partipantes máis pequenos quedaron abraiados cun contacontos e coa propia creación dun xoguete máxico.
Co grupo de maiores, a oferta foi moi variada. Primeiro participaron nunha xincana, logo analizaron publicidade e finalmente realizaron un anuncio publicitario sobre as diferentes alternativas de lecer que se poden realizar en Alfoz.
Agora, só queda esperar a que chegue o mes de setembro para poder ver e votar o vídeo a través do facebook da Escola Galega de Consumo, que sen dúbida obterá moi bos resultados, tanto polo máxicos que resultan os protagonistas como polo enclave no que se realizou, no entorno do Castelo de Castro de Ouro, lugar no que discorreron tódalas actividades.