RUTA DO RÍO OURO
11/Agosto/2015
O vindeiro venres 14 de agosto realizaremos unha ruta a carón do Río Ouro.
O percorrido será dende a Área Recreativa da Ponte Nova até a Feira do Trece.
A saída está programada para as 11:30 horas (A Ponte Nova) e terá unha duración aproximada de 30 minutos.
O nivel de dificultade é baixo, posto que é un tramo de ruta deseñada para os máis pequenos, pero á que poden anotarse todas aquelas persoas interesadas en participar.
Para anotarse poden facelo na Casa do Concello e no Castelo de Castro de Ouro ou nos teléfonos 982 55 85 81 / 982 55 85 78.