XXIV FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE
16/Setembro/2015
O vindeiro día 03 de Outubro, terá lugar o “XXIV FESTIVAL DA TERCEIRA Â IDADE”, para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
Os actos comezarán ás 12,30 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade na “Finca Galea”, así como diversos actos.
As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello, rematando o prazo o día 01 de Outubro (Xoves).