CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR, CONTOS E XOGUETES
01/Decembro/2014
Con motivo da chegada das festas do Nadal este concello pon en marcha un ano máis unha campaña de recollida de material escolar novo, contos infantís e xoguetes usados, que estean en bo estado e que non sexan bélicos, que se distribuirán entre as familias máis necesitadas do noso concello, doando os excedentes a Cruz Vermella.
Aquelas familias que queiran doalos, así como aquelas que se atopen en situación económica precaria e que estean interesadas en solicitalos, poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Alfoz, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O prazo de solicitude rematará o 18 de decembro. O prazo de recollida permanecerá aberto todo o ano.