INFORMACIÓN SOBRE NORMATIVA DE INCENDIOS FORESTAIS
24/Agosto/2018
Os cambios producidos na lexislación forestal e contraincendios dos últimos meses veñen definir novas distancias entre as plantacións forestais e as zonas urbanas, os núcleos, e outras infraestruturas.
Para o coñecemento deste asunto, xúntase un cadro explicativo, elaborado pola propia Xunta de Galicia, no que se resumen as distancias que hai que manter a cada tipo de elemento do territorio, tendo en conta o tipo de plantación.
Segundo a normativa vixente, a xestión da biomasa é obriga da persoa propietaria ou arrendataria dos terreos e poderá contratala ou elixir o sistema que considere oportuno. En todo caso deberá realizarse
antes do 31 de maio de cada ano, e en caso de ser requirida pola Xunta, a persoa propietaria disporía dun prazo de 15 días, prorrogables en casos debidamente xustificados.
Máis información:
-
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios - forestais
-
Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (texto completo)
-
Extracto do apartado da Lei 9/2017 referido á xestión da biomasa forestal e as distancias
-
Visor de aproveitamentos forestais da Consellería do Medio Rural