INSTALANSE ESTUFAS DE PELLETS NAS ESCOLAS DE LAGOA E AS OIRAS
10/Setembro/2018
O concello de Alfoz está a proceder á instalación de
dúas estufas de pellets nas escolas unitarias de A Pinguela, na parroquia de
Lagoa, e de
As Oiras, nas que se desenrolan diferentes actividades tales como charlas, cursos e reunións sociais, entre outras, ademais de ser sede da Asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa, no primeiro dos casos.
As instalacións realizaronse a través das
subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.