PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO 2015
10/Xaneiro/2015
O Alcalde-Presidente do Concello de Alfoz fai saber que se convoca o Programa de Turismo Social para Maiores do IMSERSO para este ano 2015, dirixido a todas aquelas persoas maiores que desexen participar e que cumpran os requisitos para solicitalo nos Servizos Sociais do Concello.
DESTINO DAS VIAXES.
- PENÍNSULA: Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (8, 10 ou 15 días).
- BALEARES: 8, 10 ou 15 días.
- CANARIAS: 8, 10 ou 15 días.
- TURISMO DE INTERIOR: circuítos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia e viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
REQUISITOS:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiado do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que este reúna os requisitos de idade e pensión.
Tamén poderán participar os fillos/as discapacitados/as cunha discapacidade mínima do 45 %, sempre e cando esta discapacidade lles permita viaxar e o fagan acompañados dos seus pais, compartindo habitacións con eles.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante, se procede.
- Xustificantes de ingresos.
LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE:
Departamento de Servizos Sociais, de luns a xoves, de 10,00 a 14,00 horas, ata o 5 de xuño de 2015. Para cubrir posibles vacantes o prazo de presentación manterase aberto ata o día 1 de decembro de 2015.