08/Marzo/2019 1.- Todos os Grupos Municipais sumámonos á iniciativa do movemento feminista DÍA 8 DE MARZO e ás voces que claman por un futuro sen discriminación por razon de xénero e que homes e mulleres formen parte dunha sociedade en igualdade en dereitos e responsabilidades.
2.- O Pleno do Concello de Alfoz solicita aos Grupos Parlamentarios representados no Congreso dos Deputados a aprobación dunha Lei de Igualdade Laboral, así como dar traslado deste acordo aos Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados.
3.- Todos os Grupos Municipais comprometémonos a traballar polo avance da sociedade cara á igualdade de xénero, rexeitando calquera retroceso en dereitos e liberdades para as mulleres.
4. Todos os Grupos Municipais instan á elaboración e presentación para a súa aprobación dun Plan de Igualdade específico para os traballadores e traballadoras do Concello, no que figuren as diferentes medidas a adoptar para eliminar calquera discriminación de xénero e contemple as medidas que se consideren ao obxecto de facilitar a conciliación da vida laboral.
5. O Concello de Alfoz se adhire á Declaración Institucional da FEMP: