ABERTO O PRAZO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NA ESCOLA INFANTIL
18/Marzo/2019
Recordámoslles que está aberto o
prazo para a renovación de praza ou de novo ingreso na
Escola Infantil de Alfoz para o
curso escolar 2019/2020, desde o 14 de marzo
ata o 5 de abril, podendo dirixirse á propia Escola Infantil
en horario de 8:30 a 15:30 horas de luns a venres, para formalizar a solicitude ou para ampliar a información.
Con este motivo desde
Concellería de Igualdade e Benestar dirixímonos a vós como pais e nais de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos, para
animarvos a utilizar este servizo xa que, nas escolas infantís, os nosos nenos comezarán a socializarse e a realizar actividades que sirvan de preparación para o colexio.
Aínda que teñen prioridade na adxudicación de prazas aqueles nenos e nenas empadroados/as no Concello de Alfoz xunto con, polo menos, un dos proxenitores,
na Escola Infantil de Alfoz existen prazas vacantes, nas que se dará prioridade para as fillas e os fillos de persoas que teñan os seus postos de traballo nunha empresa con sede social no noso concello.
Ademais recordamos que desde o pasado curso a
Escola Infantil de Alfoz conta con servizo de comedor.
Como sabedes os nenos e nenas poden permanecer na escola ata un máximo de 8 horas e un mínimo de 3, no caso da media xornada. As contías para o cálculo do prezo público da atención educativa varían en función do IPREM, quedando exentas as familias con rendas inferiores ao 50% do IPREM. No caso de familias monoparentais ou familias numerosa teñen un desconto do 20%.