TALLER DE ACUARELA
07/Abril/2019
Durante os días 15, 16, 17 e 18 de abril impartirase na aula da OMIX por parte de Juan Ramón Alves Fernández, artista gañador do Maratón de Pintura de Alfoz.
O taller está dirixido a nenos/as de 10 a 14 anos.
O prazo para entregar a ficha de inscripción remata o 12 de abril, prazas limitadas segundo orden de inscripción.
O material de pintura e pinceis serán por conta do Concello de Alfoz. Os alumnos traerán unha traseira para o papel de tabla de DM, aglomerado ou cartón duro de 45x35, así como lápiz, goma de borrar, un trapo de algodón (tipo cociña) e un vaso de plástico para a auga.