Concello de Alfoz
PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE OBRAS EN FORMATO ELECTRÓNICO DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS GALEGAS

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE OBRAS EN FORMATO ELECTRÓNICO DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS GALEGAS

10/Xullo/2019

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas que poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.

 

Se non dispós de credenciais e tés un carné en vigor anterior ao 14 de outubro de 2014, podes rexistarte na páxina web https://www.galiciale.gal/

Se aínda non tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a Biblioteca Municipal de Alfoz que pertence a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.

 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO