Concello de Alfoz
INFORMACIÓN SOBRE AS NOVAS NORMAS DA BIBLIOTECA

INFORMACIÓN SOBRE AS NOVAS NORMAS DA BIBLIOTECA

22/Agosto/2019
Servizo de préstamo
 
Para que me vale o carné da biblioteca?
  • Para levar libros, películas, cds de música, mapas... para casa. Lémbrate que é preciso traer o carné para levar un préstamo.
  • En canto te inscribas nunha biblioteca da Rede xa che daremos acceso a GaliciaLe, a plataforma do libro electrónico de Galicia.
  • Desde a páxina do catálogo da Rede podes solicitar unha sesión personalizada, que valerache para consultar o historial de buscas, crear listas privadas con seleccións de documentos do catálogo ou consultar as listas públicas creadas polas bibliotecas, propoñer a compra de obras para incorporalas á colección, solicitar que modifiquen os teus datos persoais, cambiar o contrasinal de acceso, colaborar no catálogo enriquecéndoo por medio de comentarios ou etiquetas relativos aos documentos e unha vez que che deamos o carné da biblioteca poderás consultar os teus préstamos vixentes ou anteriores, renovalos e reservalos.
 
Como fago o carné?
  • Cumprimenta a solicitude que che damos en calquera biblioteca da Rede ou a que temos na web do catálogo.
  • Facémosche unha foto na biblioteca.
  • Amósanos un documento oficial identificador : DNI, carné de conducir, pasaporte, NIE... para comprobar os datos cando veñas facelo e cando veñas recollelo.
  • O carné faise de balde e é persoal e intransferible.
Máis sobre o carné
  • O carné vale para as bibliotecas integradas no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia : https://rbgalicia.xunta.gal/gl/bibliotecas-integradas-no-catalogo-da-rede-de-bibliotecas-de-galicia
  • Tés que comunicarnos os cambios nos datos persoais. En calquera caso, estes datos deben renovarse cada 5 anos no caso dos adultos, cada 3 nos nenos e cada 10 no caso das entidades.
  • A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda, neste último caso hai que cumprimentar unha nova solicitude. A perda reiterada do carné conleva sanción : 7 días sen poder levar préstamos a 2ª vez que se perda, 14 días a 3ª vez, 21 días a 4ª e así sucesivamente
  • Os menores de 14 anos teñen que ter unha persoa adulta (pais, titores) que se responsabilice da súa solicitude.. Os pais ou titores poden facer uso do carné dos menores. Cando fagan os 14 xa os consideramos adultos para o préstamo.
  • As entidades con fins culturais que pidan o carné, deben cubrir tamén un impreso indicando o nome do responsable da mesma (director, xerente...), o selo da entidade e o nome das persoas autorizadas (máximo 3) a usar este carné, acompañando fotocopia do DNI das mesmas
 
Cantas cousas podo levar á casa?
  • O total nesta biblioteca  son 5 préstamos por persoa.
Tipo Lector Tipo Documento Máximo docs/ Tempo Renovacións
Adulto Libros 3 durante 21 días 1 de 21 días
Audiovisuais 1 durante 7 días 1 de 7 días
Sonoros 1 durante 7 días 1 de 7 días
Arquivos de ordenador 1 durante 7 días 1 de 7 días
Revistas 1 durante 7 días 1 de 7 días
Lector libro electrónico 1 durante 21 días 1 de 21 días
Infantil Libros 3 durante 21 días 1 de 21 días
Audiovisuais 1 durante 7 días 1 de 7 días
Sonoros 1 durante 7 días 1 de 7 días
Arquivos de ordenador 1 durante 7 días 1 de 7 días
Revistas 1 durante 7 días 1 de 7 días
Se preciso máis tempo de consulta?
  • Podes renovar o préstamo transcorridos 5 días da realización do préstamo ata o día da súa caducidade, tanto por teléfono coma na biblioteca ou por internet desde a túa sesión do catálogo. Non se permitirá a renovación de documentos reservados, nin se renova a usuarios sancionados ou con préstamos fóra de prazo.
 
Renovar por internet, como se fai?
  • Tés que entrar na túa conta persoal do catálogo da Rede : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal, nos recadros da dereita metes o teu nº de lector e un contrasinal. Se non recibiches o contrasinal por correo, podes solicitalo de novo desde aquí no apartado “Esqueceu o seu contrasinal?” ou preguntar na Biblioteca. En canto entres na túa conta, marca os préstamos que queres renovar e dálle ao botón de Renovar.
 
 
Se o que quero está prestado?
  • Podes facer unha reserva desde a túa conta do catálogo, desde calquera biblioteca ou por teléfono.
  • As reservas deben recollerse na biblioteca propietaria do documento
  • Só se reservan exemplares prestados.
  • O prazo para recoller as reservas é de 3 días dende que é avisado o usuario. De non recoller as reservas serán canceladas.
  • Tamén se cancelarán as reservas dos usuarios sancionados ou con préstamos fóra de prazo.
  • Os documentos reservados non se poden renovar.
 
Se entrego fóra de prazo os documentos que me pasa?
  • Quedarías días sen poder usar o préstamo a domicilio. Cóntase 1 día por cada documento atrasado e día, ata un máximo de 90.
  • Se finalmente non devolves os documentos, o teu carné quedará bloqueado permanentemente e non poderás levar ningún material en préstamo das Bibliotecas Integradas no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Biblioteca Pública Municipal de Alfoz
Enderezo: A Seara s/n
Tlf: 982 57 12 41
enderezo de correo electrónico: alfoz.rbgalicia@eidolocal.es
Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
HORARIO:
  • Luns a venres : 16:00 a 21:00 h (o servizo de préstamo remata ás 20:30 h.)
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO