TEATRO DE OUTONO: "COMEZA A FUNCIÓN" GRUPO A ADALA
08/Novembro/2019
O sábado 9 de novembro, ás 19.00h , no Salón de Actos do Centro Sociocultural , o grupo A Adala de Fazouro (Foz), representará a obra "Comeza a función" unha comedia ambientada nos anos 40 na que un par de veciños que se levan a matar teñen que facer unha obra de teatro para reparar a pía de auga bendita.