Concello de Alfoz
INSTALACIÓN CALEFACCIÓN PELLETS NO CENTRO SOCIAL DE CARBALLIDO

INSTALACIÓN CALEFACCIÓN PELLETS NO CENTRO SOCIAL DE CARBALLIDO

30/Outubro/2019
O Concello de Alfoz está a proceder á instalación dunha estufa de calefacción de pellets no Centro Social de Carballido, na que se desenvolven diferentes actividades tales como charlas, cursos e reunións sociais, entre outras.
A instalación realizase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

O Concello de Alfoz obtivo unha subvención do INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) da Xunta de Galicia, por importe de 2.140,49 euros dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Con esta axuda realizarase a instalación dun sistema de calefacción con estufa pellets para o Centro Social de Carballido. Unha mellora que estará rematada a principios do mes de novembro e que sabemos que será ben aproveitada polos usuarios e usuarias do Centro Social de Carballido.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO