Concello de Alfoz
 LIBERACIÓN DO SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL

LIBERACIÓN DO SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL

20/Novembro/2019
Durante o mes de novembro de 2019, estanse a realizar actuacións nos centros emisores de televisión da zona, con motivo da liberación do Segundo Dividendo Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor se deixa de ver algunha canle.

A adaptación ao chamado Segundo Dividendo Dixital é un proceso que está desprazando en todo o país as canles de televisión e radio situadas onde están agora para permitir o despregamento das futuras redes 5G de comunicacións, o que require a modificación das instalacións de recepción de TV. Durante a fase de adaptación, as canles de televisión emitirán simultaneamente a través das novas frecuencias e das antigas, durante medio ano, e despois apagaranse as frecuencias vellas.

Nas vivendas comunitarias será preciso cambiar as instalacións, para o que haberá axudas do Goberno. As vivendas  individuais non precisan facer cambios na antena pero si resintonizar os televisores.


Axudas do Goberno central para afrontar o custo
Para facilitar o proceso, o Goberno de España dispón de 145 millóns de euros, que xestionará a empresa pública Red.es, para axudar a compensar o custo da adaptación en cada edificio. As solicitudes poden presentarse ata o 30 de setembro de 2020, unha vez feita a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT. As axudas oscilan entre os 104 e 677 euros, en función dos casos, e será necesario presentar a factura e o boletín de instalación, xa que só se xestionarán axudas para as actuacións feitas por empresas instaladoras do Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD).


 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO