Concello de Alfoz
PRENDE! PROXECTO DE INSERCIÓN DE MOZOS E MOZAS NO RURAL

PRENDE! PROXECTO DE INSERCIÓN DE MOZOS E MOZAS NO RURAL

27/Decembro/2019
DESTINATARIOS
Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na
formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran
asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no
Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

        * Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOS no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve, poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.

        * Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL.

        * E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de
calquera medida estean EMPADROADOS durante o período de vixencia da subvención NALGÚN DOS MUNICIPIOS definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no ANEXO I – LISTAXE CONCELLOS desta convocatoria.

        * Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a
condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13
da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.

  FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

        * Presentación telemática a través da sede electronica
http://sede.deputacionlugo.org

        * Presentación en papel: descargando a documentación que se atopa neste enlace.

        PRAZO: 20 xaneiro 2020

DOCUMENTACIÓN:
Os mozos e mozas interesados en participar, deberán 
comunicar a súa vontade de adhesión (Modelo de Solicitude), segundo os modelos aprobados pola Excma. Deputación Provincial de Lugo manifestando expresamente que asume os deberes e compromisos previstos no programa mediante a súa sinatura xunto coa seguinte documentación:

Documentación xeral:

        * Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. “Genérate tu empleo en el rural” Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
        * DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
        * C.V actualizado.
        * Certificado de empadroamento a data da solicitude.
        * Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
        * Anexo II – Declaración responsable do participante ao inicio da
actuación asinado.
        * Anexo III - Autorización para actuar como representante a efectos da solicitude, de ser o caso.
        * Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo, só no caso de non autorizar a súa comprobación.
        * Certificado da conta bancaria onde conste como titular o solicitante.

  Documentación específica:

        * Certificado de discapacidade, vulnerabilidade, copia cotexada do libro de familia, ou certificado de empadroamento da unidade familiar de ser o caso, para acreditar a situación familiar.
        * Copia cotexada da titulación de maior rango.

  Podes consultar as bases e toda a documentación necesaria aquí.

 
PRENDE! PROXECTO DE INSERCIÓN DE MOZOS E MOZAS NO RURAL
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO