Concello de Alfoz
CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ

CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ

16/Xaneiro/2020
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ XA CONTA CON CLUB DE LECTURA
A ÁREA DE CULTURA DO CONCELLO PON EN MARCHA ESTA NOVA  INICIATIVA NO MES DE FEBREIRO
 
Na tarde de onte, a área de cultura do Concello de Alfoz convocou unha reunión para as persoas interesadas en formar parte do novo Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Alfoz que se poñerá en marcha o mes de febreiro.
Trátase dunha actividade gratuíta, tanto o club como os libros, na que os participantes reuniranse os xoves alternos ás 20.00 horas na biblioteca municipal  para comentar o mesmo libro que acordan ler cada un na casa. Ademais destas xuntanzas, faranse actividades complementarias como o visionado de películas baseadas nos libros, cafés-tertulias, viaxes,… facendo unha inmersión completa do lector na historia que estañan a compartir.
O club, que xa conta con 10 participantes, comezará coa lectura do libro “Las huellas imborrables” unha novela policíaca onde Camilla Läckberg entretece con mestría unha historia contemporánea coa vida dunha rapaza na Suecia de 1940.
As persoas interesadas en unirse o club nesta primeira lectura teñen prazo para anotarse ata o xoves día 30 de xaneiro, no Concello ou na Biblioteca Municipal. Se algunha persoa está interesada en anotarse posteriormente, poderá formar parte igualmente do club incorporándose na seguinte lectura.
 
CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO