ALFOZ PON EN MARCHA UN CICLO DE CINE
07/Febreiro/2020
Alfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un
Ciclo de Cine onde se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público familiar que abarcarán diferentes xéneros.
Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa película “Un paseo por las nubes” e o domingo 16 coa película “Shrek”. Os pases serán no Salón de Actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.
De este xeito trátase de fomentar a igualdade, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do Concello de Alfoz.
Á iniciativa da Concellería de Igualdade, fai especial fincapé en elixir títulos que sensibilicen á poboación a prol da igualdade real e en contra da violencia, convertendo o cine nunha ferramenta fundamental para facer reflexionar, sobre estas e outras cuestión sociais, grazas a capacidade de representación de grupos diversos e motor de cambio social.