BANDO MEDIDAS PREVENTIVAS COVID-19
13/Marzo/2020
BANDO
Jorge Val Diaz, Alcalde-Presidente do Concello de Alfoz, FAI SABER : Que ante a situación de emerxencia sanitaria , e vistas as instruccions tanto da Organización Mundial da Saúde como da Xunta de Galicia, en relación coa evolución da propagación do coronavirus COVID-19, o Concello de Alfoz decide a aplicación das seguintes medidas preventivas nun prazo inicial : O DIA 14 DE MARZO DE 2020 ATA O DIA 27 DE MARZO DE 2020:
PRIMEIRO.- A suspensión/ aprazamento de actividades e eventos de toda índole ( cultural, deportiva, sociais..) nos que se poidan concentrar colectivos , sexan ou non de risco: escolas deportivas, ximnasia de mantemento, bailes de salón, ioga, clube de lectura, actuacions teatrais, conferencias,…
SEGUNDO.- Suspéndese o acceso ao público e uso dos equipamentos municipais :
- De carácter cultural: Castelo Torre Pardo de Cela, Centro Sociocultural e biblioteca pública municipal.
- De carácter deportivo: Pabillón Polideportivo , campo de fútbol e locais sociais.
- Parques infantís. TERCEIRO .
- Recoméndase a suspensión das actividades /xuntanzas que se celebren los locais sociais parroquiais , e en todo caso, e sempre que a capacidade do espacio sexa igual ou inferior a 50 persoas, deberáse de aplicar as medidas de distanciamento entre grupos conforme ás recomendacions sanitarias.
CUARTO.- Polo que respecta ao SERVIZO PRESENCIAL - ATENCION AO PUBLICO E URBANISMO na Casa do Concello, realizaráse a TRAVES DE CITA PREVIA TELEFÓNICA , únicamente a efectos de REXISTRO E ASUNTOS URXENTES.
Reforzaráse a limpeza das instalacions con productos desinfectantes , se evitará o contacto físico cos empregados públicos dos que terán que gardar unha distancia mínima de un metro.
Prégase o uso da sede electrónica ( concellodealfoz.sedelectronica.es), as comunicacions por correo electrónico concello.alfoz@eidolocal.es e telefónicas: 982558001.
QUINTO.- Manténse o servizo básico asisntecnial AXUDA NO FOGAR, extremando as medidas de protección e seguindo as instruccions dictadas dende a Xunta de Galicia.
INFORMACION XERAL CORONAVIRUS 900 400 116 En Alfoz, a 13 de marzo de 2020. O Alcalde. Jorge Val Diaz.