REPARTO DE MASCARILLAS PARA EMPRESAS E AUTÓNOMOS DO CONCELLO DE ALFOZ
24/Abril/2020
Dende a Deputación Provincial de Lugo e dende a Subdelegación do Goberno recibiranse no Concello de Alfoz unha partida de mascarillas para o reparto entre os profesionais autónomos e empresas do Concello de Alfoz que o necesiten ata agotar existencias, proporcionalmente ao número de traballadores.
Todos os interesados poden chamar ao 982.55.80.01 ou pasar a recollelas polo Concello de Alfoz de 9:00 a 14:00 de luns a venres.