Concello de Alfoz
REAPERTURA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ

REAPERTURA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ

13/Maio/2020
As instalacións da biblioteca municipal de Alfoz foron preparadas para a súa reapertura: 
- Limpeza e desinfección diaria do edificio (entrada principal, acceso, biblioteca e baños) e equipos de traballo.
- Ventilación diaria do espazo.
- Organización das áreas de acceso e circulación da biblioteca, marcando as distancias de seguridade.
- Colocación de mampara de separación na mesa de traballo da bibliotecaria.
- Colocación de xel  hidroalcohólico na entrada da biblioteca e entrega de máscaras para os usuarios/as que carezcan delas.
- Espazo habilitado para depositar libros e demáis materiais devoltos polos socios/as. Estas devolucións serán depositadas en caixas na aula OMIX durante 14 días antes de ser devoltos aos fondos da biblioteca para novos préstamos.

Todos os usuarios/as da biblioteca deberán respetar as normas hixiénico-sanitarias, de seguridade e de uso dos espacios, equipamento e materiais da Biblioteca Pública de Alfoz. 

AFORO TOTAL PERMITIDO:6 PERSOAS (máis o persoal da biblioteca) 

3 persoas na área de lectura nas cadeiras situadas nas 3 mesas colocadas a tal fin.
2 nenos/as na área infantil na cadeira situada na mesa colocada a tal fin.
1 persoa na entrada (frente a área de atención) para préstamos/devoluciones de libros,
altas socios/as, etc.

Pódense consultar as normas de uso e servizos da biblioteca nos seguintes documentos.
REAPERTURA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
REAPERTURA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
REAPERTURA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO