Concello de Alfoz
CÁRTEL DO LEITE

CÁRTEL DO LEITE

18/Xuño/2020
En 2019 as industrias lácteas foron multadas pola Comisión Nacional do Mercado e da Competencia con case 90 millóns de euros. Unha sanción que corrobora as prácticas ilexítimas nas que estas incorreron durante alomenos 13 anos, ao pactar de xeito ilícito prezos anormalmente baixos para o leite en orixe.

Dende UNIÓNS AGRARIAS-UPA poñen os servizos xurídicos da organización a disposición de todos os titulares de granxas que puideron verse afectados, sexan ou non membros de Unións, para tramitar a reclamación.

¿Quen pode reclamar?
-Todos os gandeiros que se dedicaran á produción e venda de leite cru de vaca entre os anos 2000 e 2013 poden reclamar.
-Dá igual que na actualidade se encontren ou non en activo.
-No caso de persoas falecidas, deben reclamar os seus herdeiros.
-Os gandeiros que non venderan leite a ningunha das empresas integrantes do cártel tamén poden reclamar; sempre que se acredite que as accións das industrias sancionadas provocaron unha baixada xeneralizada do prezo do leite.
 
¿Que documentación precisas?
-Datos dos titulares da explotación ao longo do período 2000 -2013.
-Facturas de venda do leite deses anos.


¿Que reclamar?
- Os danos e perdas sufridos por cada gandeiro como consecuencia das prácticas ilegais das industrias para baixar o prezo do leite entre 2000 e 2013.
- Isto inclúe non só o diferencial entre o prezo anormalmente baixo pagado por litro de leite e o que os gandeiros deberan ter cobrado de non ter sido polas prácticas ilegais da industria. Senón tamén a indemnización polo cese da actividade de moitas explotacións, que se viron obrigadas a pechar como consecuencia desa redución de ingresos.

¿Que custo ten a reclamación?

Unións Agrarias cobra unicamente se ti cobras, e no momento no que percibas as cantidades reclamadas.
– No caso de persoas afiliadas, Unións Agrarias percibirá o 10% da contía total que recupere o gandeiro. Para as persoas non afiliadas a porcentaxe será do 20%.
  
-Unións Agrarias cubrirá o 100% dos gastos que supoña a reclamación, dende o seu inicio ata a finalización do proceso xudicial, incluída a execución da sentencia (a excepción da taxa xudicial que deben pagar as sociedades).

-O gandeiro non debe adiantar ningún diñeiro, se se non percibe a indemnización reclamada o procedemento non terá ningún custo para el.

-Unións Agrarias asumirá o pago de avogado, procurador, peritos e todos os demais custos do procedemento.
 
Prazo para presentar as reclamacións
Deberán ser presentadas antes do 11 de xullo.
 
Máis información neste enlace.

Tamén podes chamar  a Unións Agrarias UPA ao 981530500 ou contactar a través do correo electrónico reclamacionleite@uniosagrarias.org


UNIÓNS AGRARIAS-UPA  é unha Organización Profesional Agraria de ámbito nacional galego legalmente constituída ao amparo da Lei 19/77, do 1 de abril, e do Decreto 873/77, do 22 de abril; sen ánimo de lucro, autónoma e independente dos partidos políticos e das administracións públicas, e rexida unicamente pola vontade dos seus asociados e 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO