Concello de Alfoz
COMPOSTAXE DOMÉSTICA

COMPOSTAXE DOMÉSTICA

21/Xuño/2020

A partir do luns 22 de xuño O Concello de Alfoz inicia o reparto de composteiros e o material didáctico ás persoas anotadas como solicitantes.

Dende o Concello poñeránse en contacto coas persoas solicitantes para facer a entrega de xeito individual. Ademáis ofrecese un servizo de asesoramento para solventar as dúbidas que ao longo do proceso poidan surxir.

Hai que lembrar que son moitas as vantaxes que supón para o medio ambiente, a economía e a sociedade. Esta técnica consegue a recuperación de residuos orgánicos, que supoñen cerca do 40% do total do noso lixo e produce compost que aportará numerosos nutrientes ao solo, mellorando as propiedades físicoquímicas e biolóxicas do mesmo. Pero tamén se trata de recuperar unha tradición en Galicia, como é a separación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost.

Nos seguintes enlaces podes obter máis información sobre o proceso de compostaxe domÉstica e recorda que podes resolver calquer dúbida no Concello.

Compostaxe doméstica con SOGAMA

Vídeo Manual da compostaxe - ADEGA
Manual da compostaxe – ADEGA
Compostaxe en 6 pasos – ADEGA
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO