Concello de Alfoz
LUDIVERÁN 2020: Xogando en igualdade

LUDIVERÁN 2020: Xogando en igualdade

26/Xuño/2020
Coa finalidade de fomentar a igualdade entre as nenas e nenos en todas as actividades deportivas, lúdicas e educativas durante o período estival e tamén favorecer a conciliación familiar e laboral das familias, o Concello de Alfoz organiza Ludiverán Alfoz 2020: Xogando en Igualdade. Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

XULLO E AGOSTO 2020
HORARIO: De 10.00h a 13.30h
LUGAR: CEIP Castro de Ouro
 
As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2008 e o 2016.

 • Inscricións desde o luns 13 ata o venres 24 pedindo cita previa no Concello chamando por teléfono 982 558 001 extensión 3.

 • No caso de haber máis demanda das prazas ofertadas, formarán parte do programa preferentemente, aquelas solicitudes que cumpran, por orde os seguintes requisitos:
a) Alumnado do CEIP Castro de Ouro que soliciten todo o período do programa e no que ambos pais traballen ou sexan familias monoparentais e o proxenitor/a traballe, para fomentar a conciliación.
b) Alumnado do CEIP Castro de Ouro que non soliciten todo o período do programa e no que ambos pais traballen ou sexan familias monoparentais e o proxenitor/a traballe, para fomentar a conciliación
c) Resto de inscritos/as segundo a orde de inscrición.
 
• Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades, así como crema solar.
A programación comunicarase periodicamente co obxecto de informar, aos familiares.

A ratio por monitor establécese en 10 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos para COVID-19.

Xunto coa instancia de solicitude, os responsables dos participantes deberán asinar una declaración responsable onde garantan que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufriu tos, febre, cansazo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía.

 Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras e todos os participantes terán a libre disposición de xel hixienizante.


SOLICITUDE

MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE
LUDIVERÁN 2020: Xogando en igualdade
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO