Concello de Alfoz
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE

07/Agosto/2020
O concello de ALFOZ está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).

Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.
O PACES de Alfoz está financiado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea  a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible.

Hai que ter en conta que os gobernos locais desempeñan un papel decisivo á hora de atenuar os efectos do cambio climático, xa que o 80% do consumo enerxético e as emisións de CO2 están asociadas coa actividade urbana.

Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de ALFOZ súmase tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. 

Colabora co Concello, e súmate á loita contra o Cambio climático, participa contestando ás enquisas que se van a realizar nos locais comerciais nestes días, sobre os consumos enerxéticos.

Vantaxes
  • Liñas europeas de subvencións específicas. Ex. Horizon 2020.
  • Recoñecemento e visibilidade internacional.
  • Redución das emisións CO2 nun 40% para o 2030.
  • Aforro enerxético e mellora da competitividade municipal.
  • Mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.
  • Incremento da resiliencia fronte ao cambio climático.
 
Compromisos
  • Reducir as emisións nun 40% de CO2 (e outros gases de efecto invernadoiro) para 2030 (20% para 2020 e 20% para 2030), mediante a aplicación dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
  • Elaborar un inventario de emisións de referencia (IRE) como base para o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
  • Elaborar unha Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades (ERV) ao Cambio Climático.
  • Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible no prazo de dous anos a partir da firma oficial do Pacto dos Alcaldes.
  • Adaptar as estruturas do municipio, incluíndo a asignación de suficientes recursos humanos para o desenvolvemento das accións necesarias.
  • Mobilizar á sociedade civil nos respectivos ámbitos territoriais para que participe no desenvolvemento do Plan de Acción, esbozando as políticas e medidas necesarias para a aplicación e cumprimento dos obxectivos do Plan.
  • Presentar un informe de seguimento ao menos cada dous anos a partir da aprobación do Plan de Acción con fins de avaliación, seguimento e control.
  • Partillar experiencias e coñecementos técnicos coas unidades territoriais.
Máis información na páxina web: https://pactodosalcaldes.gal/gl
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO