Concello de Alfoz
AXENDAS COEDUCATIVAS 2020/2021

AXENDAS COEDUCATIVAS 2020/2021

12/Setembro/2020
As axendas escolares coeducativas para o curso 2020/2021 están dedicadas á ciencia para fomentar as habilidades STEM, sobre todo nas nenas e rapazas.

Inclúen códigos QR que facilitan o acceso a distintos enlaces (youtube, webs...) e nas páxinas finais recollen diferentes páxinas, blogues, xogos educativos, cursos, ...dispoñibles na rede, clasificados por etapas educativas ou idades, de todas as asignaturas.
 
Deseñadas desde a Área de Igualdade do Concello de Alfoz con contidos específicos para as diferentes idades, contan con recomendacións de libros, películas, e materiais varios para fomentar a igualdade e están subvencionadas pola Sª Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade do Goberno Central, o Fondo Social Europeo da UE e o Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. 
 
Xa se repartiron no CEIP Castro de Ouro para todo o alunmado o modelo de infantil e primaria e levaránse para o IES Alfoz-Valadouro para as alumnas/os e profesorado.
 
A partir do venres 11 poderán pasar a recollelas na Casa do Concello os estudantes de BAC, FP ou universidade empadroados en Alfoz.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO