O CONCELLO DE ALFOZ CONTA CUN DESFIBRILADOR SEMIAUTOMÁTICO E PERSOAL FORMADO PARA O SEU USO
06/Novembro/2020
Desde esta semana o Concello de Alfoz xa é un espazo cardioprotexido. Recentemente adquiriuse un desfibrilador semiautomático e esta semana recibiron a correspondente formación para o seu uso o persoal dos diferentes departamentos do concello, así como o conserxe do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, o concelleiro de xuventude e deporte, asociacións e festas César Marrube, o presidente o CD Alfoz, Jacobo Val e a presidenta do AC Río Ouro, Pilar Fernández.
O DESA, que está na Casa do Concello, conta cunha mochila para facilitar o seu transporte seguro a calquera lugar no que se considere necesario.