"A DÚBIDA" DE MARÍA REIMÓNDEZ É A OBRA ELIXIDA PARA RETOMAR O NOSO CLUB DE LECTURA
06/Novembro/2020
"A dúbida" da lucense María Reimóndez é a obra elixida para esta nova andaina do Club de Lectura de Alfoz. Comenzamos coñecendo a autora a través dunha entrevista da TVG antes de disfrutar co libro elixido para esta ocasión. As reunións están programadas para os xoves alternos, ás 19.00h na Biblioteca Municipal.
Na seguinte reunión teremos café-tertulia e remataremos co visionado dunha película relacionada co tema do libro.
Esta semana aproveitamos tamén para dar a coñecer os novos equipamentos da biblioteca, subvencionados pola Consellería de Cultura, entre os que se atopan os novos lectores de libros electrónicos que a biblioteca ten dispoñibles para préstamo. Así como os recursos dixitais da Rede de Bibliotecas de Galicia e outros dispoñibles na rede.
Coas restriccións actuais o número de participantes está limitado pero, todo aquel interesado en participar poderá incorporarse nun futuro próximo, posto que con cada obra nova que leemos se abre o prazo de inscrición e, de ser necesario, organizaránse varios grupos para poder disfrutar da lectura sempre nun entorno seguro e cumprindo a normativa vixente