Concello de Alfoz
NORABOA AOS NOSOS VECIÑOS IVÁN MARRUBE E JAVIER CARREIRAS POLOS PREMIOS ACADADOS CO SEUS MAGNÍFICOS MELES

NORABOA AOS NOSOS VECIÑOS IVÁN MARRUBE E JAVIER CARREIRAS POLOS PREMIOS ACADADOS CO SEUS MAGNÍFICOS MELES

18/Decembro/2020
"O mel ‘Ouro Puro‘, de Alfoz, foi elixido o mellor monofloral de Galicia na XIX Cata dos Meles organizada pola Consellería de Medio Rural e a Idicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, que contou coa participación de 37 mostras deste produto. O conselleiro, José González Vázquez, entregoulle esta distinción ao responsable da marca, Iván Marrube, nun acto celebrado o pasado xoves, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. ‘O Poder das Flores‘, tamén asentada no municipio alfocego e liderada por Javier Carreiras, recibiu o máximo galardón na variedade multifloral.

Non foi a única distinción para A Mariña e en concreto para o Val do Ouro, que se confirman como potencias meleiras: na categoría multifrolar, o bronce foi para “O Trobo Mel do Valadouro”, de Mari Fe Sixto Pernas." (Noticia do Xornal da Mariña"
NORABOA AOS NOSOS VECIÑOS IVÁN MARRUBE E JAVIER CARREIRAS POLOS PREMIOS ACADADOS CO SEUS MAGNÍFICOS MELES
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO