TERMALISMO NO CAMIÑO 2015. PROGRAMA KM0
01/Abril/2015
O Alcalde-Presidente do Concello de Alfoz fai saber que a Deputación Provincial de Lugo está a organizar o programa "Termalismo no Camiño 2015", dirixido a persoas maiores de 50 anos da provincia de Lugo que acoden aos balnearios fundamentalmente a efectuar curas de saúde e/ou buscando a realización de actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio.
BALNEARIOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA.
- Hotel Balneario de Lugo "Termas Romanas" (Lugo).
- Hotel Balneario "Río Pambre" (Comarca da Ulloa).
- "Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort" (Pantón).
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA E SERVIZOS OFERTADOS.
O programa inclúe 6 días con 5 noites de estancia (5 pensións completas), 8 técnicas de balneario por estancia, 1 recoñecemento médico á chegada e programa de animación sociocultural de luns a xoves, ambos inclusive.
Con carácter xeral, cada participante terá dereito a 20 técnicas terapéuticas durante 10 días, sen necesidade de estancia na entidade adherida.
REQUISITOS.
- Ter 50 anos ou máis cumpridos.
- Estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo (o acompañante poderá participar aínda que non cumpra estes requisitos).
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- No caso de ser acompañante, sempre e cando sexa cónxuxe ou teña unha análoga relación, poderá participar aínda que non cumpra estes requisitos.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.
- DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante, se procede.
- Certificado de Empadroamento.
LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE.
- Departamento de Servizos Sociais do Concello, de luns a xoves, rematando o prazo de inscrición cando se cubran todas as prazas ofertadas.