Concello de Alfoz
"O MUNDO DE MARTIÑA" TEATRO BÁTEGA O SÁBADO 27 DE MARZO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA

"O MUNDO DE MARTIÑA" TEATRO BÁTEGA O SÁBADO 27 DE MARZO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA

18/Marzo/2021
Martiña é unha nena moi curiosa. Non entende porque as súas opinións son menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sen razón aparente, non entende por que os nenos visten ou xogan de xeito diferente ás nenas, non sabe cales son os pensamentos impuros, nin tan sequera que é o pecado exactamente. Co tempo, descubrirá que se trataba de ir mudando en muller. A perspectiva dunha nena pode ser a máis atinada e, sen dúbida, sincera. A través dun monólogo musicado e entreverado de cancións, veremos como se enfronta Martiña á incontrolable paixón adolescente, ao duro mundo laboral e como o seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido, nunca a abandoarán. O MUNDO DE MARTIÑA é un espectáculo para público adulto de 1 hora de duración.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO