Concello de Alfoz
2III OLIMPÍADAS INTERPARROQUIAIS

2III OLIMPÍADAS INTERPARROQUIAIS

26/Marzo/2016
As probas das III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz celebraranse seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:

- Probas Culturais: Sábado 2 de abril, 18:00 horas no Centro Sociocultural Alfoz.
- Probas Deportivas: Sábado 16 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Artísticas: Sábado 23 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 30 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Nas Olimpíadas poderán participar todos os veciños e veciñas das diversas parroquias de Alfoz que cumpran algunha das seguintes condicións:

- Que estean ou estiveran empadroados/as na parroquia na que participan.
- Que sexan naturais da parroquia na que participan.
- Que teñan parentesco en primeiro grao con veciños ou veciñas que estean ou estiveran empadroados/as ou sexan naturais da parroquia na que participan.

Cada parroquia terá un ou dous capitáns que serán os encargados de seleccionar aos participantes da súa parroquia así como para facer os equipos para as diversas probas.
Despois da reunión mantida cos capitáns propostos os 8 equipos participantes serán: Adelán, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor, Pereiro-Oiras e Reirado-Vilaúde.

As inscripcións realizaranse a través dos capitáns de cada parroquia, na Biblioteca Municipal de forma presencial, enviando un email a Ofelia Adrio no email ofelia.adrio.alfoz@eidolocal.es ou chamando ao teléfono 982571270, indicando os seguintes datos:
- Nome e apelidos.
- Proba na que participa.
- Grao de relación coa parroquia.

O prazo de inscripción finalizará o 31 de marzo.

Para máis información sobre as Olimpíadas podedes poñervos en contacto con Xabier Pardiñas no email xabier@concellodealfoz.com ou no teléfono 647570025.



 
2III OLIMPÍADAS INTERPARROQUIAIS
2III OLIMPÍADAS INTERPARROQUIAIS
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO