BANDO XESTIÓN DA BIOMASA
10/Maio/2021
Que en aplicación da Lei 312007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión, incluída, no seu caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cado ano.
Débese manter limpa de biomasa unha franxa de 50 metros dende:
- Solo urbano, de núcleo rural e solo urbanizable.
- Edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, ciímpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais.
- Construcións illadas en solo rústico.
No Concello de Alfoz estas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa están definidas a oavés do Plan Municipal de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais (PMPDIF) do Concello de Alfoz, publicada a súa probación definitiva no BOP Nº 53 de 5 de marzo de 2020.
Nestes espazos, segundo a referida lei, non poderán existir especies arbóreas como o eucalipto, o pino, a acacia, ademáis de ter que ser rozados todos os anos antes da finalización do mes de maio (artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).
O que se recorda para o xeral coñecemento, advertindo sobre a necesidade de ter adaptadas estas faixas secundarias á normativa en vigor.
Para máis información ao respecto, pode poñerse en contacto co concello, no teléfono 982 55 80 01 en horario de atención ao público.