APERTURA DO CASTELO DE CASTRO DE OURO
18/Marzo/2016
A partir de mañá sábado 19 de marzo reabren as dependencias do Castelo de Castro de Ouro en horario de mañás de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 polas tardes.
As instalacións permanecerán abertas durante toda a Semana Santa e todos os fins de semana ata o mes de xullo no que volverá a abrir de luns a domingo.
Nas instalacións do Castelo estará aberta a Oficina de Información Turística, no horario anteriormente indicado, e poderase visitar unha exposición sobre materias recollidos das antigas escolas unitarias de Alfoz, na planta baixa, unha exposición de obras do artista local Hipólito Xeada, na primeira planta, a sala Museo das Zocas, coa colección de calzado tradicional de madeira de Alberto Geada, na planta segunda. Ademáis permanecerá aberto o mirador da azotea do Castelo, dende o que se poden observar unhas fermosas vistas do Val.