Concello de Alfoz
LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE.

LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE.

03/Xuño/2021

Ludiverán-Xogando en Igualdade é o programa do Concello de Alfoz deseñado para as nenas e nenos nados entre 2009 e 2017 que este verán se levará a cabo tanto para favorecer a conciliación como para promover a igualdade en todas as actividades deportivas, lúdicas, educativas, etc. que se realizarán de luns a venres (laborables) de 10.00 a 13.00h desde o 5 de xullo ao 27 de agosto estruturado en 4 quendas quincenais.
O venres 11 de xuño convócase unha reunión informativa sobre o programa ás 20.00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
O prazo de inscrición será do 14 ao 21 de xuño.
Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

Inscrición:  https://drive.google.com/file/d/1gHX0ev0Az8UHlAsPE1c9MpZpWf2GQUdC/view?usp=sharing
Bases: https://drive.google.com/file/d/1tkDm6QJ24u598a-qiR7ZbYgj8iNjN_Vy/view?usp=sharing
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO