Concello de Alfoz
CHÉVERE ACOMPAÑA AS AUDIOGUÍAS FICCIONADAS DA MARIÑA. DOMINGO 20 DE XUÑO ÁS 12:00H ALFOZ.

CHÉVERE ACOMPAÑA AS AUDIOGUÍAS FICCIONADAS DA MARIÑA. DOMINGO 20 DE XUÑO ÁS 12:00H ALFOZ.

09/Xuño/2021
As Audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, son unha iniciativa – pioneira en España – do ente xestor do xeodestino, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e do Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014. No proxecto colaboran tamén a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e participan os municipios escenarios das guías.
Relatos ficcionados e dramatizados que configuran un paseo ameno e suxerente con intervención de recursos documentais e literarios, mapas sonoros, dramatizacións, entrevistas, voces narradoras, música, gravación binaurual…cada audioguía ten un enfoque, un tratamento e un formato diferenciado que busca a implicación emocional por parte da persoa que escoita, provocar a curiosidade e promover que se fagan os diferentes paseos.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO