INSTALACIÓN CALEFACCIÓN DE PELLETS NA ESCOLA DO PEREIRO
02/Febreiro/2021
O Concello de Alfoz está a proceder á instalación dunha estufa de calefacción de pellets na Escola do Pereiro, na que se desenvolven diferentes actividades tales como charlas, cursos e reunións sociais, entre outras.
A instalación realizase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O Concello de Alfoz obtivo unha subvención do INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) da Xunta de Galicia, por importe de 2.140,49 euros dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Con esta axuda realizarase a instalación dun sistema de calefacción con estufa pellets para a Escola de O Pereiro. Unha mellora que estará rematada nos vindeiros meses e que sabemos que será ben aproveitada polos usuarios e usuarias da Escola do Pereiro.