Concello de Alfoz
MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE NA ETAP E DEPÓSITO DE ADELÁN-ALFOZ

MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE NA ETAP E DEPÓSITO DE ADELÁN-ALFOZ

03/Agosto/2021
ORZAMENTO: 35.225,94€
Importe da Subvención: 28.180,75€   Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
Aportación do Concello: 7.045,19€ 

ACTUACIÓNS A REALIZAR:
Consiste na obra necesaria para a adecuación da instalación na ETAP para poder ver en tempo real o estado de diferentes parámetros mediante a implementación de telemetría e monitoraxe asociada e facer una cloración do depósito de forma axeitada.
Dado que a instalación actual existente para o tratamento de auga nos depósitos presenta numerosas carencias dada a súa antigüidade exponse realizar actuacións que faciliten o seu control, xestión e mantemento.
Estas adecuacións permitirán aos operarios do servizo de augas controlar en tempo real o estado de todos os depósitos. Isto, ademais da anticipación ás avarías, permitirá un enorme aforro de combustible e beneficio ambiental, a xeración dunha gran cantidade de datos para estudos de consumos e grazas a iso poder realizar predicións.
Para o control da devandita instalación, esta adecuación dotarase dun software de control/xestión que non levarán asociado ningún custo.
Con este proxecto realízanse claras actuacións no impulso da eficiencia e de utilización sostible das enerxías en relación co medio natural e a protección do medio ambiente relacionado co abastecemento de augas.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO