Concello de Alfoz
REUNIÓN INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO 21/22: 25 DE AGOSTO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

REUNIÓN INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO 21/22: 25 DE AGOSTO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

05/Agosto/2021
Reunión informativa Curso 21-22: será o 25 de agosto ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Un ano máis organízase para informar ás familias e estudantes dos servizos, programas e axudas cos que o Concello de Alfoz conta para o alumnado dos distintos niveis educativos. O Programa de Conciliación no que se inclúen o Servizo de Madrugadores, OES (ocio e estudio) e Inglés para o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz que, de xeito totalmente gratuito pode disfrutar da ampla oferta de actividades fóra de horario lectivo desde o primeiro ata o último día de curso.
As Escolas Deportivas Municipais, que ofrecen patinaxe, fútbol campo e fútbol sala, desde outubro ata maio tamén gratis.
As novidades da Biblioteca que se está a remodelar por completo, incorporando unha sección propia de igualdade (Recuncho violeta) con libros e xogos, novos dispositivos dixitais e que un ano máis contará con todas as lecturas obrigatorias nos centros educativos onde estuden os rapaces e rapazas do concello.
O Concello ademais, presta un servizo para todos os que necesiten pedir a tarxeta de estudante de autobús para desprazarse a estudiar BAC e FP nos diferentes IES da Mariña, así como Becas de transporte do Concello de Alfoz que todos os anos se conceden para cubrir os gastos xerados por estes desprazamentos.
Tamén contamos cun servizo para tramitar as solicitudes das Becas do Ministerio de Educación para o alumnado de BAC, FP e Universidade, sempre de xeito gratuito.
etc.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO