Concello de Alfoz
XORNADA INFORMATIVA SOBRE REHABILITACIÓN EN ALFOZ

XORNADA INFORMATIVA SOBRE REHABILITACIÓN EN ALFOZ

04/Abril/2016
O programa Reacciona 2020, da Deputación Provincial de Lugo e a Asociación de Empresarios da Construcción de Lugo, chega a Alfoz para acercar a todos os veciños e veciñas as vantaxes da rehabilitación seguindo parámetros de eficiencia enerxética. Para iso, desprazarase unha  unidade móvil, coa que dar o servizo de asesoramento a todos os interesados, que estará situada nas inmediacións do Centro Sociocultural de 11:00 a 18:00 horas, estando aberta a todo o público en xeral.
A partir das 20:00 horas realizarase unha charla-coloquio no Salón de Actos do Centro Sociocultural relativa á rehabilitación enerxética.


Poden consultar mais información no Programa Reacciona 2020
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO